rexenerando

Somos

Rexenerando é unha cooperativa que traballa no eido do social, fundada no ano 2014 no Golfo Ártabro e formada por un equipo multidisciplinar de mulleres.

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro porque acreditamos nos valores da economía social e solidaria como camiño para rexenerar o tecido produtivo e as relacións laborais, económicas e comunitarias. Formamos parte de Espazocoop.

Traballamos con comunidades e grupos facilitando procesos de transformación social co obxectivo de rexenerar as vidas e os vínculos das persoas:
Co mundo, divulgando o coñecemento da historia e do territorio propiciando relacións máis conscientes, comprometidas e sostibles con el.
Con outras persoas, facilitando espazos de diálogo colectivo, acollendo a diversidade e construíndo modelos de relación desde o bo trato, a colaboración e a xustiza.
Consigo mesmas, promovendo a saúde emocional, o auto-coñecemento e a consciencia sobre a súa capacidade de transformación persoal e social.

Os valores que nos guían

A democracia profunda e o compromiso coa diversidade
 
Os feminismos e a centralidade dos coidados
 
A defensa da lingua e da cultura propias
 
O compromiso coas voces e as memorias marxinadas ou subalternizadas
 
A sustentabilidade persoa-contorna
 
A apertura cara a autorreflexión e a transformación continua
 
A honestidade, o compromiso e a transparencia
 

O noso equipo

Rexenerando está formada por un equipo de socias e colaboradoras cun obxectivo común: levar adiante proxectos de calidade apoiados en relacións de calidade.

Andrea Rico

Educadora Social e Pedagoga

Socia de Rexenerando, onde coordino a área de Facilitación de grupos e participación social.

Con experiencia en deseño e execución de proxectos socioeducativos en áreas como a igualdade, a educación ambiental e a formación de persoas adultas. Apaixóname traballar con grupos para construír colectivamente condicións de vida máis xustas e sostibles.

Olga Romasanta

Pandeireteira e historiadora da arte

Socia de Rexenerando, e coordino a Área de Cultura, memoria e territorio.

Apaixonada pola memoria colectiva e o apego ao lugar, teño formación en Servizos Culturais, Educación e Museos. Especializándome en Xestión de Grupos e facilitación gráfica, teño experiencia en proxectos educativos e procesos participativos relacionados co territorio e urbanismo.

Martín V. Añel

Sociólogo

Socio de Rexenerando, onde coordino a área de Xéneros e identidade.

Con máis de 10 anos de experiencia en investigación social e coordinación de proxectos sobre igualdade de xénero, diversidade e participación cidadá, traballei en consultoría e asesoramento técnico público. Interesada nas metodoloxías de investigación e a innovación social, aprendín tamén do activismo LGBTIQ.

Marcos Abalde

Filólogo Románico e Galego cun posgrao en Servizos Culturais

Socio colaborador de Rexenerando. 

Na actualidade dedícome á docencia, mais continúo a colaborar con Rexenerando na asesoría de proxectos que teñen que ver coa activación de falantes para o galego e a recuperación de memorias subalternizadas, dous dos ámbitos cos que me sinto máis comprometido.