Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada no 2014 en Ferrolterra. Desde ela, un equipo interdisciplinar de persoas desenvolvemos proxectos de intervención sociocomunitaria para a xustiza social, co obxectivo de rexenerar as vidas e os vínculos colectivos.
Traballamos con comunidades e grupos facilitando procesos de transformación social co obxectivo de rexenerar as vidas e os vínculos das persoas.
A Factoría é tamén o espazo formativo de Rexenerando S. Coop. Un lugar desde o que contribuír á construción colectiva de relacións humanas máis xustas e integrar nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.