rexenerando

Proxectos

Os nosos proxectos

LABORATORIO DE EMPODERAMIENTO LGBT+

Martes 12 de novembro de 18:00 a 20:00 h

Xoves 12 de decembro de 16:00-18:00 h

Non o estamos contando moito por aquí, pero o LAB LGBT+ é un dos proxectos que máis tempo, enerxía e alegrías está collendo do noso equipo neste outono. O traballo coa mocidade de seis concellos avanza con moitas aprendizaxes, e nuns días arrancan as formacións para familias e docentes!

Estes obradoiros de dúas sesións están abertos a calquera persoa interesada en aprender acompañar mellor a mocidade en materia de diversidade sexual, non é preciso ter alumnado no centro onde se desenvolven.

Revisade as datas nos seis concellos e inscribídevos en i.gal/LAB_LGBT_ADULTAS

Toda a información do proxecto na canle propia, @laboratorio_lgbt

ENRAÍZADAS

O pasado venres, 12 de novembro de 2021, presentouse na Casa Dopeso do concello de As Pontes o proxecto “Enraizdas”. Máis de 50 persoas asistiron a este acto de presentación, que foi clauseurado por María Muiño, Deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, que suliñou a necesidade deste tipo de iniciativas que visibilicen tanto a actividade no rural como o protagonismo feminino das mesmas, instando á asociación Euroeume a loitar pola continuaidade deste proxecto.

No acto presentáronse os 8 videos realizados nesta campaña, protagonizados por nove mulleres, produtoras de seis concellos distintos das comarcas do Eume e Ferrolterra, que teñen algún tipo de vinculación ao sector agroalimentario. Os videos subiranse durante as semanas seguintes a este acto ás redes sociais da Asociación Euroeume, así como na canle de Youtube da asociación.

“Enraizadas” é un proxecto audiovisual de fomento do consumo responsable e de proximidade e de defensa dos valores da igualdade.  Este proxecto foi impulsado por Euroeume en colaboración con Rexenerando (Xestión e producción) e Illa Bufarda (gravación e edición), no marco da  Convocatoria de Subvencións da Deputación da Coruña a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2021, FOIO0A/2021, na que a Asociación Euroeume obtivo unha subvención de 11.995,35 €.

MEMORIA ACTIVA

“Memoria activa” é un programa do Concello de Bergondo enmarcado nas actividades de envellecemento activo. Trátase dun obradoiro de estimulación cognitiva a partir da memoria colectiva e o patrimonio inmaterial, dirixido a persoas maiores. A través de sesións semanais nas diferentes parroquias do municipio, facemos diferentes dinámicas para activar as lembranzas da historia da parroquia. Co material recollido xeramos diferentes formatos de devolución social, cos que manter vivo o diálogo interxeracional no territorio.

Desenvolvemos tarefas de deseño e execución dos obradoiros.

ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DE NARÓN

A Escola de Participación Cidadá de Narón é un espazo de relación entre a veciñanza e o Concello. Comprende un conxunto de accións que buscan apoiar o tecido asociativo do municipio e fomentar a participación cidadá. Estes elementos son atención cidadá continuada, os Consellos Territoriais, a  plataforma www.naronparticipa.es, o programa educativo Plenos Escolares, formación e xornadas e eventos de cohesión do tecido asociativo.

Desenvolvemos tarefas de coordinación, comunicación, formación, facilitación e asesoramento.