Rexenerando é unha cooperativa que traballa no eido do social, fundada no ano 2014 no Golfo Ártabro e formada por un equipo multidisciplinar de mulleres.
Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro porque acreditamos nos valores da economía social e solidaria como camiño para rexenerar o tecido produtivo e as relacións laborais, económicas e comunitarias. Formamos parte de Espazocoop.
Co mundo, divulgando o coñecemento da historia e do territorio propiciando relacións máis conscientes, comprometidas e sostibles con el.
Con outras persoas, facilitando espazos de diálogo colectivo, acollendo a diversidade e construíndo modelos de relación desde o bo trato, a colaboración e a xustiza.
Consigo mesmas, promovendo a saúde emocional, o auto-coñecemento e a consciencia sobre a súa capacidade de transformación persoal e social.
Os valores que nos guían
O noso equipo
Rexenerando está formada por un equipo de socias e colaboradoras cun obxectivo común: levar adiante proxectos de calidade apoiados en relacións de calidade.
Andrea Rico
Educadora Social e Pedagoga
Socia de Rexenerando, onde coordino a área de Facilitación de grupos e participación social.
Con experiencia en deseño e execución de proxectos socioeducativos en áreas como a igualdade, a educación ambiental e a formación de persoas adultas. Apaixóname traballar con grupos para construír colectivamente condicións de vida máis xustas e sostibles.
Olga Romasanta
Pandeireteira e historiadora da arte
Socia de Rexenerando, e coordino a Área de Cultura, memoria e territorio.
Apaixonada pola memoria colectiva e o apego ao lugar, teño formación en Servizos Culturais, Educación e Museos. Especializándome en Xestión de Grupos e facilitación gráfica, teño experiencia en proxectos educativos e procesos participativos relacionados co territorio e urbanismo.
Martín V. Añel
Sociólogo
Socio de Rexenerando, onde coordino a área de Xéneros e identidade.
Con máis de 10 anos de experiencia en investigación social e coordinación de proxectos sobre igualdade de xénero, diversidade e participación cidadá, traballei en consultoría e asesoramento técnico público. Interesada nas metodoloxías de investigación e a innovación social, aprendín tamén do activismo LGBTIQ.
Marcos Abalde
Filólogo Románico e Galego cun posgrao en Servizos Culturais
Socio colaborador de Rexenerando.
Na actualidade dedícome á docencia, mais continúo a colaborar con Rexenerando na asesoría de proxectos que teñen que ver coa activación de falantes para o galego e a recuperación de memorias subalternizadas, dous dos ámbitos cos que me sinto máis comprometido.