Formacións actuais
Curso Básico de Facilitación de Grupos
Outubro 2024 – Xuño 2025
120 horas
Completo 950€ (opcións de pago de módulos).
IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos”, dirixido a profesionais de educación, mediación, emprendemento social e dinamización, interesados en promover cambios participativos e positivos nos seus grupos, potenciando a diversidade.
Outras formacións pasadas
Seminario Resolución de conflitos
Curso Medio de Facilitación de Grupos
Do conflito ao soño
Aprende a identificar dinámicas do conflito, usar ferramentas prácticas para intervir a distintos niveis e transformar situacións complexas en oportunidades creativas para equipos e organizacións.
Aprofunda nas habilidades e ferramentas básicas para facilitar procesos grupais, con práctica supervisada e enfoque en competencias profesionais. Dirixido a persoas que completaron ou están completando o Curso Básico do IIFAC-e, este nivel capacita para o emprendemento en proxectos de facilitación e deseño de intervencións.
Un curso baseado no Traballo de Procesos para axudar a docentes a xestionar conflitos, mellorar o ambiente na aula e reforzar as súas habilidades persoais e profesionais. Ofrece técnicas prácticas e un espazo de intercambio para afrontar os desafíos educativos con maior conciencia e eficacia.
A Factoría
A Factoría é tamén o espazo formativo de Rexenerando S. Coop. Un lugar desde o que contribuír á construción colectiva de relacións humanas máis xustas e integrar nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.